Na tarde do xoves déronse a coñecer os resultados da Feira da Tapa 2016 “Cangas sabe mellor”. O evento desenvolveuse entre o 22 de xuño e o 3 de xullo e estivo impulsado pola Asociación de Restauradores de Cangas (ARECA), coa colaboración das Concellarías de Turismo e Desenvolvemento Local. Nesta edición que contou coa participación de 44 establecementos, servíronse entre 50.000 e 60.000 tapas.
O xurado optou por dar os seguintes premios:
– Categoría “Elaboracións Especiais”. 1º Premio: A Fiorentina (Cómete ás Cíes); 2º Premio: Argólide (Sorbete de Maracuiá con Piña e Vodka); 3º Premio: Lombok (Michelada do Lombok).
– Categoría “Tapa”. 1º Premio: Pandemillo (a Pedra do Salmón), Casa Porrón (Canelón de Pasta “Wauton”) e Manolo Mañanita (Non é un Xeado ó Corte); 2º Premio: Tía Brígida (Arepa Jones); 3º Premio: Artemar (Carpaccio de Bonito con Espagueti de Mar).
Por outra banda o público premiou a:
– Categoría “Elaboracións Especiais”. 1º Premio: Argólide (Sorbete de Maracuiá con Piña e Vodka); 2º Premio: Fiorentina (Cómete ás Cíes).
– Categoría “Tapa”. 1º Premio: Casa Porrón (Canelón de Pasta “Wauton”); 2º Premio: El Jabuguito (Sendero Almonteño); 3º Premio: Tía Brígida (Arepa Jones).
Finalmente realizouse o sorteo das tarxetas seladas polo público para optar aos diferentes premios.