PREMIOS PARA O PÚBLICO
Axúdanos a elixir a mellor Tapa, e a mellor Elaboración Especial da Feira da Tapa de Cangas e participa no sorteo de excelentes premios. É moi sinxelo: enche a tarxeta de votación, escolle a mellor Tapa ou a mellor Elaboración Especial, deposita a papeleta na urna específica nos establecementos participantes, e xa está!
Se non atopas os cupóns de votación, pregúntalle ao camareiro para que chos facilite. Lembra encher a papeleta de forma clara cos datos que se solicitan para que se considere válido. O sorteo realizarase nun evento final no Concello de Cangas ao finalizar o concurso, por extracción ao azar de tarxetas de votación entre a totalidade das recibidas.
Os premios para o público consistirán en:
1º -Bono hotel-balneario.
2º – Lote de produtos da terra.
3º – Lote de produtos da terra
4º – Estuche de 3 botellas de viño HGA Bodegas e Viñedos de Altura.
PASAPORTE “Sabe ben”
Visita todos os establecementos participantes e gaña! Consegue o teu “Pasaporte sabe ben” e non esquezas pedir que cho selen cando degustes a tapa ou elaboración especial.
A primeira persoa que presente na Oficina de Turismo, o pasaporte selado con polo menos 30 selos dos locais participantes na Feira, terán dereito a un regalo seguro, consistente nun bono canxeable por unha comida ou cea para dúas persoas a escoller entre un dos establecementos participantes.
PREMIOS PARA OS ESTABLECEMENTOS GAÑADORES
- DO XURADO: Entre todas as tapas e elaboracións especiais presentados, un xurado profesional escollerá as tres mellores Tapas e a mellor Elaboración Especial en función de múltiples criterios como a elaboración, presentación, sabor, emprego de produtos de calidade e carácter innovador. A decisión do xurado coñecerase nun evento final no Concello de Cangas unha vez finalizado o concurso e será inapelable. Os establecementos gañadores obterán un premio aínda por definir.
- DO PÚBLICO: Entre todas as tapas e elaboracións especiais presentadas, o público votará nas urnas sitas nos establecementos participantes. A tarxeta de votación deberá ter tres selos de tres locais diferentes, e o número do local que considere que debe ser o gañador. A decisión do público coñecerase nun evento final no Concello de Cangas unha vez finalizado o concurso e será inapelable. Os establecementos gañadores obterán un premio aínda por definir.