1. DATAS E PARTICIPANTES
A feira terá lugar do 23 de xuño ao 3 de xullo de 2022 , ambos inclusive, e terán cabida os Establecementos de Hostalería e Restauración de Cangas do Morrazo.
A participación da Feira da Tapa 2022, conleva a aceptación das bases de participación que se presentan a continuación, e os establecementos deben cumprir cos requisitos legais correspondentes á actividade económica que desenvolve nos seus establecementos.
A participación está aberta á tódalas persoas físicas ou xurídicas cuxas actividades profesionais sexan RESTAURACIÓN E HOSTALERIA e que desenvolvan a súa actividade nun establecemento fixo no Concello de Cangas, establecemento que debe contar con cociña acorde ós servizos que presta , un espazo de lecer onde os clientes poidan gozar da tapa, ademais de aseos propios.
2. A TAPA: MODALIDADES DE PRESENTACIÓN
a) A TAPA (Establecementos de restauración, cafeterías e bares, con instalación de cociña adecuada aos servizos e categoría do establecemento, sendo imprescindible que cada establecemento cumpra cos requisitos legais correspondentes a actividade económica e licenza que posúe o local).
b) ELABORACIÓN ESPECIAL ( Cócteles, batidos, zumes, cafés, xeados …)
Nas dúas modalidades Tapa ou Elaboración especial, cada establecemento debe :
- Ser unicamente unha por local, e sempre a mesma.
- Ter un nome específico que se incluirá nas formas de difusión do evento.
- Estar preparada con produtos de calidade.
- Ter uns mínimos de elaboración e presenza.
- Estar deseñada especialmente para a participación na feira.
- Non formar parte da oferta habitual do local.
- Ser servida sen excepción, nos horarios e días marcados previamente por cada local, durante o tempo que dure a feira.
É condición indispensable para participar na Feira da Tapa, que tódolos produtos e elaboracións teñan un mínimo de calidade e presenza. O xurado poderá velar polo cumprimento desde requisito, reservándose o dereito de prescindir das propostas que o incumpran.
c) PREZO DA TAPA
O prezo fixo de venda ao público, con total independencia de calquera outra bebida ou produtos consumido, será de :
-3 euros (IVE incluído) na modalidade de Tapa.
– 4,5 euros (IVE incluído) na modalidade de elaboración especial.
3. OS ESTABLECEMENTOS: obrigas e condicións para a participación:
- Estar en posesión da Licenza de apertura e dados de alta no Imposto de Actividades Económicas, nalgunha das actividades encadradas no marco que a organización establece.
- Asegurar nos seus establecementos as necesarias condicións de limpeza, seguridade, hixiene e atención ao cliente.
- Comprometerse a manter aberto e en funcionamento o seu establecemento nas datas e horarios fixados para a feira. Ao mesmo tempo, cada local é libre de escollelo seu propio horario no que servir a tapa, tendo en conta que deberá ser respectado ao longo de todo o evento; Tamén se deberá detallar na folla de inscrición os días oficiais de peche de cada local. Este poderá ser ampliado pero xamais reducido.
- Ofrecer calidades nos produtos das tapas e elaboracións especiais ofertadas.
- Crear una tapa ou elaboración especial deseñada especificamente para súa participación na feira, que será presentada cun nome específico e descrición da receita de elaboración, o cal se incluirá nas diversas formas de difusión do evento.
- Será obrigatorio servir as tapas e elaboración especiais durante os días que dure a feira e nos horarios establecidos, comprometéndose a non cambialas no transcurso da feira, e coa previsión existente para non esgotar as existencias.
- Asistir a unha presentación da feira, previa ao inicio da mesma (na Praza de Abastos os días 6 e 7 de xuño) na que se presentará a Tapa ou Elaboración Especial ao xurado, e se realizará un rexistro fotográfico que se incorporará ao material informativo e publicitario.
- Colaborar en tódalas accións de comunicación, publicidade e relacións públicas do evento nas que sexa requirido.
- Situar nun lugar visible do establecemento os distintivos promocionais da feira co fin de garantir a máxima difusión, e colocar nun lugar visible e de doado acceso a urna na que o público depositará os seus votos.
- Selar, cando os clientes o soliciten as papeletas para votar e o pasaporte, logo de consumir a Tapa ou Elaboración Especial.
- A participación na feira da tapa 2022 conleva a aceptación das presentes bases de participación.
4. COTA DE INSCRIPCIÓN E FORMA DE PAGO :
A cota de inscrición na X Feira da Tapa será de 70 euros si se inscribe nunha das dúas modalidades, e de 100 euros para os establecementos que se inscriban nas dúas modalidades. Esta cota aboarase mediante ingreso ou transferencia bancaria á conta corrente de titularidade da Asociación de Restauradores de Cangas do Morrazo, na entidade bancaria Abanca e con número de conta ES48 2080 5079 8430 4001 5051 indicando no concepto: FEIRA DA TAPA 2022/NOME DO ESTABLECENTO.
Non se fará efectiva ningunha inscrición que non se acompañe do xustificante do pagamento de cota. Una vez admitido, non se devolverá o importe de cota, salvo por cuestión de forxa maior demostrables. O importe recadado coas inscrición destinarase aos custes de organización do evento.
5. PRAZO E INSCRIPCIÓNS: Os establecementos interesados en participar deben entregar en tempo e forma a seguinte documentación:
- Folla de inscrición debidamente cumprimentada.
- Xustificante do ingreso da cota de participación.
A documentación anterior entregarase por correo electrónico a turismo@cangas.gal (indicando no asunto inscrición Feira da Tapa 2022)
Tamén pode entregarse en persoa na oficina de turismo no Concello de Cangas dirección casa da bola avenida Sequeiros número 9 en horario de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas. A data límite de recepción da inscrición será o 3 de xuño.
6. PREMIOS PARA OS LOCAIS PARTICIPANTES:
–PREMIO DO XURADO: o fallo do xurado darase a coñecer nun evento final no Concello unha vez finalizado o concurso, e será inapelable. Tódolos participantes obterán un distintivo acreditativo e os establecementos gañadores elixidos polo xurado recibirán un premio aínda por determinar.
–PREMIO DO PÚBLICO;
Outorgarase mediante votación popular, será o público quen emita o seu voto polo que o prazo de votación será o mesmo que a duración da feira do 23 de xuño o 3 de xullo.
As votacións realizaranse nas urnas sitas nos establecementos participantes e mediante as tarxetas que se distribuirán para a ocasión. O sistema de votación será como anteriores ocasións, en cada papeleta haberá 3 ocos para selar en cada establecemento que se consuma unha tapa e no cuarto oco elixírase a mellor tapa desas 3 consumidas. Os votos que non cumpran con estas regras serán anulados, os gañadores daranse a coñecer nun evento final no Concello.
7-PREMIOS PARA O PÚBLICO:
Entre tódalas papeletas emitidas e válidas escolleranse ao azar as persoas premiadas.
Os premios ao público tamén se entregarán nun acto final no Concello de Cangas.