Saborea as tapas participantes
Do xoves 20 ao domingo 30 de xuño de 2019, nos horarios que os establecementos establezan para a consumición das preparacións
Premios do Xurado: á mellor Tapa, e á mellor Elaboración Especial.
Premio do Público: á mellor Tapa, ou a mellor Elaboración Especial.
A túa tapa por só 2 € (Bebida non incluída); e o teu cóctel, por 3 €.
Vota a túa tapa ou a túa elaboración especial favorita. Poderás gañar un fin de semana de enoturismo e balneario!
Arranca en Cangas a Feira da Tapa 2019, o certame gastronómico que impulsa a Asociación de Restauradores de Cangas (ARECA) e na que colaboran as concellarías de Turismo e Desenvolvemento local.
A Feira terá lugar do 20 ao 30 de xuño de 2019, ambos inclusive. Comeza así o verán en Cangas cheo de sabor, onde poderedes degustar o mellor da gastronomía local.Os horarios de apertura e de servizo da tapa serán os que establezan cada establecemento.
A participación está aberta á tódalas persoas físicas ou xurídicas cuxas actividades profesionais sexan Restauración e Hostalería e que desenvolvan a súa actividade nun establecemento fixo no Concello de Cangas, establecemento que debe contar con cociña acorde ós servizos que presta e un espazo de lecer onde os clientes poidan gozar da tapa, ademais de aseos propios.
Os prezos serán de 2 euros por tapa (bebida non incluída) e de 3 euros por cóctel (IVE engadido).
Cada establecemento poderá participar nunha das dúas modalidades (tapa ou elaboración especial), sempre e cando cumpra os requisitos establecidos nas bases.
É condición indispensable para participar na Feira da Tapa, que tódolos produtos e elaboracións teñan uns mínimos de calidade e presenza. O xurado poderá velar polo cumprimento deste requisito, reservándose o dereito de prescindir das propostas que o incumpran.
Confirmamos colaboración da empresa MAR DE ONS co servizo de barco nocturno Cangas - Vigo os venres e sábados, nos seguintes días:
Cos seguintes horarios:
Por ser un servizo nocturno non contemplado na tarxeta Metropolitana, a tarifa nestes horarios será de 2,50€ (só IDA) por persoa. No resto dos horarios habituais do servizo, evidentemente, poderán pagar coa tarxeta metropolitana. Animamos á xente da contorna a visitar Cangas, e a facelo en transporte colectivo para participar destes eventos.
Para os establecementos:
Entre todas as tapas e elaboracións especiais presentadas, un xurado profesional escollerá as tres mellores Tapas e a mellor Elaboración Especial. Os catro establecementos gañadores obterán un distintivo acreditativo como recoñecemento público, e diferentes premios.
Tamén o público será participante na escolla das tres mellores Tapas e da mellor Elaboración Especial. Outorgando aos catro establecementos gañadores un distintivo acreditativo e diferentes premios. MÁIS INFO
Para o público:
Axúdanos a elixir a mellor Tapa, e a mellor Elaboración Especial da Feira da Tapa de Cangas e participa no sorteo de cinco excelentes premios. É moi sinxelo: enche a tarxeta de votación, escolle a mellor Tapa ou a mellor Elaboración Especial, deposita a papeleta na urna específica nos establecementos participantes, e xa está!